Presentación

O XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral (CILX2018) vaise celebrar na Universidade de Vigo do 13 ao 15 de xuño de 2018.

Trátase da décimo terceira edición dun evento que tivo a súa orixe en Valencia en 1994. Desde aquela, o CILX achegou un amplo e fecundo diálogo bienal sobre a investigación en Lingüística, con paradas en Granada (1996), Salamanca (1998), Cádiz (2000), León (2002), Santiago de Compostela (2004), Barcelona (2006), Madrid (2008), Valladolid (2010), Zaragoza (2012), Pamplona (2014) e Alcalá de Henares (2016).

O CILX2018 contará no seu programa con ponencias plenarias, comunicacións orais, paneis temáticos e pósteres, que abranguerán as diferentes áreas, metodoloxías e perspectivas teóricas relacionadas co estudo da linguaxe e as linguas

Convocatoria

Consulta a chamada á presentación de comunicacións e pósteres.
Data límite: 15 decembro 2017 PECHADA

Inscrición

Podes inscribirte en CILX2018 utilizando o Formulario de Inscrición

Programa

O CILX2018 incluirá conferencias plenarias, paneis temáticos, comunicacións e pósteres. Xa podes consultar os HORARIOS DEFINITIVOS

No CILX2018 impartiranse conferencias plenarias a cargo de:

Ofelia García

Ofelia García (City University of New York)

El translanguaging y el plurilingüismo: Convergencias y divergencias

M. Antònia Martí

M. Antònia Martí (Universitat de Barcelona)

Juan Carlos Moreno-Cabrera (Universidad Autónoma de Madrid)

Paneis temáticos

Novidades

Programa académico, comida e transportes

A data do CILX 2018 está cada vez máis cerca e dende o Comité organizador estamos a ultimar os preparativos para que todo saia perfecto. En primeiro lugar, xa está dispoñible o programa definitivo na nosa páxina web. Salvo que se producise algún erro ou omisión grave que debamos corrixir, esta versión do programa xa non se modificará. Este tamén poderá consultarse dende a nosa app móbil […]

CILX2018 será precedido polo II Seminario-asamblea de EDiSo

CILX2018 será precedido polo II Seminario-asamblea de EDiSo

O XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral vai estar acompañado polo II Seminario-Asamblea de EDiSo (a Asociación de Estudos sobre Discurso e Sociedade), que terá lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo o 12 de xuño de 2018, o día anterior ao comezo de CILX2018. Máis información sobre o II Seminario-Asamblea de EDiSo en: http://www.edisoportal.org/noticias/noticias-de-ediso/1347-ii-seminario-asamblea-ediso-i-circular

Finalizado prazo recepción de propostas de comunicacións e posteres

Finalizado prazo recepción de propostas de comunicacións e posteres

  Finalizado o prazo de recepción de propostas de comunicación e posteres, recibimos perto de 400 resumos. Iniciamos co comité científico o proceso de revisión. Esperamos comunicar os resultados para o 1 de febreiro.