Convocatoria

O CILX2018 admite comunicacións (20 minutos de presentación oral máis 5 de discusión) e pósteres sobre calquera área, metodoloxía e perspectiva teórica relacionadas co estudo da linguaxe e as linguas.

O envío de resumos debe facerse exclusivamente a través do formulario creado para tal finalidade en EasyAbs: http://linguistlist.org/easyabs/cilx2018

Co envío da proposta, é mester identificar a preferencia de participación, como comunicación libre ou coma póster. A decisión final será do Comité Organizador, escoitado o Comité Científico.

Os prazos son os seguintes:

  • Data límite para a recepción de propostas: 1 de decembro de 2017
  • Comunicación de aceptación de propostas: 1 de febreiro de 2018

Cada proposta debe ter un máximo de 500 palabras en total, e comprenderá ademais do título, unha lista de ata cinco palabras clave e un resumo no que se describan os obxectivos, a metodoloxía e os resultados máis salientábeis do traballo presentado. Todas as propostas serán revisadas anonimamente polo Comité Científico.

O Congreso non ten lingua oficial. En consecuencia, todas as linguas están permitidas. Non se prevé servizo de interpretación.