Inscrición

Xa podes inscribirte no CILX2018

Prezos da inscrición:

ata 1 de marzo| ata 15 maio| ata 13 de xuño|
Participantes (con comunicación)
cota xeral 160€ 200€ 230€
ponentes paneis 110€ 150€ 180€
estudantes 80€ 100€ 115€
Asistentes (sen comunicación)
cota xeral 80€ 100€ 100€
membros UVigo 40€ 40€ 40€

 


Observacións

  • A cota de inscrición inclúe o acceso a todas as sesións e recepcións, así como os cafés e almorzos nas pausas indicadas no programa; pero non inclúen a cea do congreso, prevista para o venres 15 de xuño na illa de San Simón.
  • Só aparecerán no programa as comunicacións para as que exista como mínimo una persoa inscrita antes do 15 de maio de 2018
  • En caso de comunicacións de coautoría múltiple, para aparecer no programa deberá haber como mínimo tantas inscricións como comunicacións
  • Se unha persoa é autora individual de dúas comunicacións aceptadas pagará unicamente unha cota de inscrición
  • Só recibirán certificado de participación as persoas que se inscriban correctamente como participantes

 


PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

Para inscribirse debe primeiro realizar o pago da cota de inscrición e despois cubrir o formulario de inscrición, e adxuntar nel unha copia en PDF do xustificante do pago (e, no seu caso, xustificante da condición de estudante)

Para realizar o pago utilice unha das seguintes opcións:

a) Pago mediante transferencia ou ingreso en conta:

Pague a cota de inscrición, mediante ingreso nunha oficina de ABanca , ou mediante transferencia á seguinte conta, indicando sempre o código do congreso INV00185:

Banco:          ABanca
Oficina:        Vigo-OP, García-Barbón 1-3
Beneficiario: Universidade de Vigo
IBAN:            ES14 2080 0501 12 3110000112,
BIC/Swift code: CAGLESMMXXX
Concepto:     INV00185 + DNI/Pasaporte, nome e apelidos da persoa que se inscribe.

b) Pago con tarxeta de crédito ou débito

Alternativamente, pode utilizar a plataforma Bubela, deseñada para xestionar cursos complementarios. Acceda a ela no seguiente enderezo:

https://bubela.uvigo.es/curso/CILX2018

Rexístrese como usuario do sistema, seleccione o congreso “INV00185 – XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral (CILX2018)” e siga os pasos que se lle indican para matricularse e pagar con tarxeta.

Nota

Os servizos de contabilidade da Universidade de Vigo emitirán a posteriori certificado do ingreso en conta a nome de quen realiza o pago e da persoa inscrita. Os servizos de contabilidade da Universidade de Vigo non emiten factura polo pago de taxas de inscrición en congresos nin antes nin despois de efectuado o ingreso.