Instrucións para as presentacións

Presentacións orais

  • As presentacións orais terán unha duración de 20 minutos.
  • Despois da comunicación haberá 5 minutos para preguntas.
  • Cómpre que para o bo funcionamento do congreso todas as persoas con comunicación se axusten aos tempos estipulados.
  • As aulas da Facultade de Filoloxía e Tradución nas que se celebrará o congreso dispoñen todas de ordenador con Windows. Todas as unidades teñen instalado os paquetes de sofware de Microsoft Office e Libre Office e dispoñen de reprodutor de son e vídeo. Ademais, contamos con proxectores e cromas para poder acompañar as comunicacións con presentacións de diapositivas. Por último, en cada unha das aulas hai un presentador sen fíos (wireless).

Pósters

  • Tamaño do póster: máximo A0 (841mm x 1189mm) vertical, mínimo recomendado A1 (594mm x 841mm) vertical ou horizontal.
  • A sesión de pósteres está prevista na mañá do xoves 14 de xuño, tras a pausa do café, con espazo e tempo suficientes para poder comentar e discutir cos autores.
  • Recordámosvos que non hai diferencia de calidade entre as presentacións orais e os pósters e tampouco a hai na das actas. A selección do formato para presentar os resultados da investigación debe ser o que permita transmitir a información da maneira máis eficaz posible.