Programa social

Cea oficial

A cea  do congreso terá lugar o venres 15 de xuño, na Illa de San Simón, un lugar de especial interese na historia da Ría de Vigo. Por razóns de capacidade, o número máximo de persoas que poden acudir á cea é de 100. Unha vez acadado o número máximo, por rigurosa orde de apuntamento, non se poderá admitir a ninguén máis. O custo da cea (incluíndo desprazamento e visita guiada á illa) é de 40

Recepción no Pazo de Castrelos

O día 13 de xuño ás 20:00 o alcalde de Vigo, Abel Caballero, recíbenos no Pazo de Castrelos, sede do Museo Quiñones de León.

 

Excursión ás Illas Cíes

As persoas interesadas en facer unha excursión ás Illas Cíes despois do congreso (sábado 16 de xuño), poden contactar coa axencia de viaxes no número de teléfono 0034 986 469 202 ou no correo electrónico d.bastos@bthetravelbrand.com