Actas do CILX2018


Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral
Editadas por Marta Díaz, Gael Vaamonde, Ana Varela, Mª Carmen Cabeza, José M. García-Miguel e Fernando Ramallo
Vigo, Universidade de Vigo, 2018. ISBN: 78-84-8158-786-9


TítuloA migración galega en Alemaña: unha análise dende a Lingüística Migratoria e a Glotopolítica
AutoríaMarta Estévez Grossi (Leibniz Universität Hannover)
ResumoOs datos oficiais sinalan que entre 1955 e 1988 pasaron pola República Federal de Alemaña ao redor de 800 000 migrantes con nacionalidade española. Aproximadamente un 20% dos/as cales era de orixe galega, constituíndose así como o segundo grupo en número dentro do colectivo español (Leib e Mertins 1980). Con esta contribución quixera analizar as prácticas lingüísticas da comunidade galega en Alemaña tanto dentro da propia comunidade galega e da comunidade hispanofalante na que esta se circunscribe como con respecto á sociedade alemá. A análise está baseada no modelo lingüístico migratorio de Gugenberger (2007, 2018), se ben tamén se prestará especial atención ao papel asumido polas institucións creadas ou apoiadas polo réxime franquista para a asistencia dos/as emigrantes na súa calidade de axentes glotopolíticos. Para isto, tomarei a migración galega a partir dos anos 1960 na cidade de Hannover —un dos centros urbanos da RFA que recibiu máis migración española— como exemplo paradigmático.
Páxinas336 - 343