Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral
Editadas por Marta Díaz, Gael Vaamonde, Ana Varela, Mª Carmen Cabeza, José M. García-Miguel e Fernando Ramallo
Vigo, Universidade de Vigo, 2018. ISBN: 78-84-8158-786-9
Título | De Chandebrito a Nowheresville: léxico e fraseoloxía comparada da distancia remota |
---|---|
Autoría | Víctor Fresco Barbeito (Universidade de Vigo) |
Resumo | Se queremos expresar algo que está afastado, nas linguas europeas botamos man facilmente de demostrativos, preposicións ou casos que nos permiten situar algo por detrás, alén ou lonxe. Que pasa cando a distancia é moi grande? Pois que cómpre recorrer ó léxico diferenciado ou á fraseoloxía. Os procesos de formación deste léxico específico e da fraseoloxía en galego teñen varios camiños que se poden agrupar en: (1) uso de expresións malsoantes, (2) utilización de conceptos relixiosos (moitas veces en conxunto co anterior), (3) referencia a localizacións estranxeiras (normalmente colonais) e (4) remisión local a lugares da toponimia galega que son ubicables (e algún caso inventado como creación expresiva). Á parte das asociacións semánticas que se adoitan asociar a lugares moi distanciados (imprecisión, incomunicación, ignorancia ou atraso dos habitantes, distancias xeofísicas ou astronómicas, lugares tranquilos ou ó abrigo, solitarios ou deshabitados, ou en posicións periféricas, profundas ou imaxinarias), veremos un pouco que fan outras linguas das familias indoeuropeas: procedementos principais e menos usuais, variación nas referencias xeográficas e imáxinarias e usos comúns ás diferentes linguas ou procedementos comúns. Sen pretender ser sistemáticos, ofrecemos os nosos datos a reflexión, contribución e debate. |
Páxinas | 372 - 379 |