Actas do CILX2018


Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral
Editadas por Marta Díaz, Gael Vaamonde, Ana Varela, Mª Carmen Cabeza, José M. García-Miguel e Fernando Ramallo
Vigo, Universidade de Vigo, 2018. ISBN: 78-84-8158-786-9


TítuloA adquisición da competencia bilingüe no alumnado de educación infantil en Galicia
AutoríaAna Iglesias Álvarez (Universidade de Vigo)
ResumoA investigación divídese en dúas fases. En primeiro lugar, analizamos cales son as vías de entrada de cada unha das linguas ás que están expostos os nenos e nenas (input lingüístico), en función do tipo de hábitat (rural e urbano), así como o seu dominio e uso lingüístico, segundo a información que nos proporcionaron as familias, a través dun cuestionario. Os resultados analizámolos mediante o programa estatístico SPSS. Despois, xa desde unha perspectiva cualitativa, entrevistamos a unha selección de nenos e nenas de cada grupo estudado, co fin de medir a súa competencia lingüística de forma directa. Na primeira parte da entrevista, intentamos que o neno/a falase da forma máis espontánea posible, a partir de cuestións sobre a súa vida cotiá; mentres que na segunda pedímoslle que identificase unha serie de imaxes, co fin de avaliar o seu nivel de vocabulario en cada idioma. Os resultados poñen de relevo a maior competencia bilingüe, en galego e castelán, que acada o alumnado do hábitat rural; mentres que no hábitat urbano o bilingüismo é moito máis tardío e parcial, o que nos leva a reflexionar sobre o modelo de ensino bilingüe que se está aplicando actualmente en Galicia.
Páxinas459 - 466