Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral
Editadas por Marta Díaz, Gael Vaamonde, Ana Varela, Mª Carmen Cabeza, José M. García-Miguel e Fernando Ramallo
Vigo, Universidade de Vigo, 2018. ISBN: 78-84-8158-786-9
Título | Grafías innovadoras na linguaxe non sexista: unha proposta para a súa etiquetaxe automática |
---|---|
Autoría | Eva María Domínguez Noya (USC/CIRP) Fco. Mario Barcala Rodríguez (NLPgo Technologies, S.L.) |
Resumo | Nas últimas décadas documéntanse na lingua escrita formas gráficas que escapan do masculino empregado como termo non marcado da oposición xenérica e buscan visibilizar o feminino ou tentan fuxir do xénero como clasificador dual. Entre as opcións que se propoñen destacan a duplicación dos termos (os alumnos e as alumnas), a escolla dun termo aglutinador (o alumnado) e a introdución de grafías innovadoras: 1) aquelas que inclúen explicitamente os dous xéneros (os/as alumnos/as); 2) as que crean artificialmente un termo que engloba o masculino e o feminino (@s alumn@s); e 3) aquelas que superan o binomio masculino/feminino (Xs alumnXs, *s alumn*s). Como sabemos, as duplicacións atentan contra o principio de economía lingüística e resultan pesadas para o lector/oínte, mais non teñen repercusións ulteriores no recoñecemento automático dun texto. Porén, a introdución das grafías innovadoras modifica substancialmente a situación, pois coa súa inserción xorden formas que non existen nos dicionarios. Neste traballo damos conta da tipoloxía de formas con grafías innovadoras presentes no Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), e describimos a solución adoptada no sistema XIADA para identificar e caracterizar morfosintacticamente tales formas, co fin de aplicala logo na etiquetaxe automática do corpus. |
Páxinas | 291 - 298 |