Actas do CILX2018


Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral
Editadas por Marta Díaz, Gael Vaamonde, Ana Varela, Mª Carmen Cabeza, José M. García-Miguel e Fernando Ramallo
Vigo, Universidade de Vigo, 2018. ISBN: 78-84-8158-786-9


TítuloEstilo conversacional de pandilla
AutoríaNoemí Giráldez Pérez (Universidade de Vigo)
ResumoO presente traballo consiste nunha reflexión sobre o estilo conversacional de pandilla trala recollida e posterior análise interpretativa dunha serie de conversas orais prototípicas inseridas dentro dun ambiente xuvenil, máis concretamente dentro do círculo de amizades dun mozo, con distintos niveis de confianza entre o resto de interlocutores, e cunha presenza menor de mulleres que de homes. Falaremos de como se constrúen as identidades discursivas, como se desenvolven os temas tratados, o estilo empregado e os roles que adoptaron os participantes dentro do grupo. Así mesmo, tamén repararemos no proceso de negociación das identidades de xénero e idade. Os obxectivos deste traballo son, en primeiro lugar, identificar as características deste estilo conversacional. En segundo lugar, analizar as especificidades da fala xuvenil respecto da fala coloquial xeral. Outra meta será fundamentar algunhas teorías emerxentes sobre os novos roles discursivos da muller. Por último, cuestionar a relevancia que acada o léxico dentro da fala xuvenil.
Páxinas424 - 430