Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral
Editadas por Marta Díaz, Gael Vaamonde, Ana Varela, Mª Carmen Cabeza, José M. García-Miguel e Fernando Ramallo
Vigo, Universidade de Vigo, 2018. ISBN: 78-84-8158-786-9
Título | “Eu digo “tipo” 5 vezes numa frase de 8”. O marcador discursivo tipo, uso ou abuso? |
---|---|
Autoría | Marisa Moreda Leirado (Universidade da Coruña) Nancy Vázquez Veiga (Universidade da Coruña) |
Resumo | Neste traballo propoñémonos analizar e describir os valores adquiridos nos últimos anos polo marcador discursivo (MD) tipo entre a mocidade portuguesa. A pesar do seu elevado uso, tal e como revela o tweet que dá título a esta comunicación, é considerado polos propios falantes como un “vicio lingüístico” prescindíbel. Co fin de analizarmos a rendibilidade (ou non) desta forma, e debido a que o seu recente carácter dificulta o estudo a partir dos corpus orais existentes, decidimos constituír un formado por 300 tweets, unha vez que neste tipo de mensaxes, a pesar de seren escritas, rexístranse trazos de oralidade que resultan de especial interese para o estudo da forma que aquí nos ocupa. A análise do corpus permitiranos dar resposta á pregunta formulada (uso ou abuso?) e delimitar algunhas das súas funcións pragmáticas no portugués moderno. En concreto, describiremos os distintos significados do MD tipo, mostrando a súa evolución a partir do nome homónimo até á aparición dos significados non descritivos que presenta na actualidade. |
Páxinas | 642 - 647 |