Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral
Editadas por Marta Díaz, Gael Vaamonde, Ana Varela, Mª Carmen Cabeza, José M. García-Miguel e Fernando Ramallo
Vigo, Universidade de Vigo, 2018. ISBN: 78-84-8158-786-9
Título | Neofalantes e travestismo lingüístico: un experimento sociolóxico e didáctico sobre ideoloxías, obstáculos e persistencia |
---|---|
Autoría | Estefanía Mosquera Castro (Universidade da Coruña) |
Resumo | O presente traballo aproxímase ao neofalantismo en lingua galega desde o ámbito da Educación, unha perspectiva pouco explorada mais de notábel relevancia, pois no contexto sociolingüístico actual a aprendizaxe formal supón a principal vía de acceso á competencia comunicativa neste idioma para as faixas etarias de menor idade. En concreto, centramos a atención sobre os perfís de neofalante potencial e neofalante funcional nos que encaixa o alumnado castelanfalante que cursa o grao de Educación Primaria e que realizou o ensaio sociolóxico “travestismo lingüístico”, un experimento de inmersión lingüística durante un período de 7 días. A experiencia lingüística de ambos os perfís presenta carencias comúns motivadas polo sistema educativo actual que dificultan o cambio, tanto no que se refire a cuestións ideolóxicas como nas estritamente competenciais; e a teor dos resultados obtidos, consideramos que esta experiencia non só contribúe para mellorar a súa competencia lingüística e sensibilizar a futuros docentes das dificultades que implica tanto a adopción da lingua minorizada como a permanencia do galego como L1 nun contexto en que predomina a lingua maioritaria, mais tamén para facilitar a través dunha tarefa educativa a mudanza daqueles neofalantes potenciais que dubidaban en dar o paso. |
Páxinas | 655 - 661 |