Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral
Editadas por Marta Díaz, Gael Vaamonde, Ana Varela, Mª Carmen Cabeza, José M. García-Miguel e Fernando Ramallo
Vigo, Universidade de Vigo, 2018. ISBN: 78-84-8158-786-9
Título | A transmisión de galego e portugués en contexto migratorio entre estudantes da Universidade de Barcelona |
---|---|
Autoría | Pere Comellas Casanova (Universitat de Barcelona) |
Resumo | O traballo pretende analizar a transmisión lingüística de galego e de portugués entre estudantes da Universidade de Barcelona con antecedentes familiares falantes destas linguas. A mostra toma como base un cuestionario distribuído entre os estudantes alóglotos da UB. Un total de 95 informantes manifestaron ter algún antecedente familiar falante de galego ou de portugués, aínda que as situacións varían considerablemente no que respecta á presenza das linguas estudadas no cotián e á identificación persoal con elas. O noso obxectivo foi identificar patróns de transmisión en dúas variedades lingüísticas moi próximas entre si como son galego e portugués e tamén coas linguas oficiais da sociedade de destino, neste caso as de Cataluña co catalán e o castelán. Interesábanos observar tanto o grao de preservación das linguas alóglotas coma, no caso de substitución lingüística, a lingua substituidora, especialmente no ítem de lingua de identificación dos suxeitos. O noso traballo presenta indicios que apuntan a unha relación entre quebra da transmisión e lingua minorizada no caso das linguas estudadas, mais esa quebra parece producirse en gran medida nas xeracións anteriores ás dos informantes. |
Páxinas | 226 - 231 |