Como chegar ao campus?
O campus universitario de Vigo está situado a 15 km do centro da cidade. Teña en conta que chegar a el pode levar bastante tempo.
Autobús do congreso
A organización dispón unha liña de autobús propia. Toda a información no tocante ás rutas e aos horarios pódese consultar nesta páxina.
Transporte público: autobús urbano
Para acceder ao campus pode recorrerse ao servizo de autobús que ofrece a empresa de transporte urbano de Vigo VITRASA, que conta con varias liñas que ofrecen servizo ao campus universitario: as liñas regulares L8 e L15C, e as lanzadeiras U1 e U2
A parada correspondente á Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) –ID 8720 Humanidades (CUVI) – é a terceira dentro do campus, despois de rodear os servizos de deportes, se utilizan as líneas U1 ou L8. Se se utilizan las líneas U2 o L15C, a parada é a primeira.
Na web de VITRASA pode atopar:
Aplicacións para teléfono móvil con información sobre paradas e cálculo de rutas:
Taxis
Un taxi desde o centro de Vigo pode costar aproximadamente 20€-25€. A tarifa desde o aeroporto de Vigo tanto á cidade, como ao campus é fixa (22,27€). As liñas de contacto das empresas de taxi locales son: 986 47 00 00 / 986 27 28 29. Polo momento, Vigo non dispón de servicio de Uber ou Cabify.
Aeroporto – Campus Universitario
Non existe liña directa de autobús entre o aeroporto de Vigo e o campus universitario (existe a posibilidade de ir coa liña 9 ao centro e alí tomar algunha das liñas mencionadas arriba, pero o tempo total sería considerablemente alto).
En coche privado ou en taxi o traxecto do aeroporto ao campus, ou viceversa, faise nuns 15 minutos. O prezo aproximado do taxi é de 22€