Presentación
O XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral (CILX2018) vaise celebrar na Universidade de Vigo do 13 ao 15 de xuño de 2018.
Trátase da décimo terceira edición dun evento que tivo a súa orixe en Valencia en 1994. Desde aquela, o CILX achegou un amplo e fecundo diálogo bienal sobre a investigación en Lingüística, con paradas en Granada (1996), Salamanca (1998), Cádiz (2000), León (2002), Santiago de Compostela (2004), Barcelona (2006), Madrid (2008), Valladolid (2010), Zaragoza (2012), Pamplona (2014) e Alcalá de Henares (2016).
O CILX2018 contará no seu programa con ponencias plenarias, comunicacións orais, paneis temáticos e pósteres, que abranguerán as diferentes áreas, metodoloxías e perspectivas teóricas relacionadas co estudo da linguaxe e as linguas