Programa académico, comida e transportes

A data do CILX 2018 está cada vez máis cerca e dende o Comité organizador estamos a ultimar os preparativos para que todo saia perfecto.

En primeiro lugar, xa está dispoñible o programa definitivo na nosa páxina web. Salvo que se producise algún erro ou omisión grave que debamos corrixir, esta versión do programa xa non se modificará. Este tamén poderá consultarse dende a nosa app móbil congreso móbil, que pronto estará dispoñible.

Ademais, a Facultade de Filoloxía e Tradución atópase a media hora en coche do centro da cidade e, polo tanto, o máis cómodo é quedar no campus durante toda a xornada. Deste modo, tanto as comidas do mediodía como os cafés estarán incluídos no prezo da inscrición no congreso. Aínda que existen liñas de autobús que van regularmente do centro ao campus, tamén disporemos dunha liña de transporte propia, cun bus que irá á facultade a primeira hora da mañá e outro que volverá ao centro a última hora da tarde.

Por último, estaremos comentando todas as novidades do congreso a través da nosa conta de Twitter @cilx2018 e dándolle difusión nas redes sociais co hashtag #cilx2018.