Inscrición
Xa podes inscribirte no CILX2018
Prezos da inscrición:
ata 1 de marzo| | ata 15 maio| | ata 13 de xuño| | |
Participantes (con comunicación) | |||
cota xeral | 160€ | 200€ | 230€ |
ponentes paneis | 110€ | 150€ | 180€ |
estudantes | 80€ | 100€ | 115€ |
Asistentes (sen comunicación) | |||
cota xeral | 80€ | 100€ | 100€ |
membros UVigo | 40€ | 40€ | 40€ |
Observacións
- A cota de inscrición inclúe o acceso a todas as sesións e recepcións, así como os cafés e almorzos nas pausas indicadas no programa; pero non inclúen a cea do congreso, prevista para o venres 15 de xuño na illa de San Simón.
- Só aparecerán no programa as comunicacións para as que exista como mínimo una persoa inscrita antes do 15 de maio de 2018
- En caso de comunicacións de coautoría múltiple, para aparecer no programa deberá haber como mínimo tantas inscricións como comunicacións
- Se unha persoa é autora individual de dúas comunicacións aceptadas pagará unicamente unha cota de inscrición
- Só recibirán certificado de participación as persoas que se inscriban correctamente como participantes
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
Para inscribirse debe primeiro realizar o pago da cota de inscrición e despois cubrir o formulario de inscrición, e adxuntar nel unha copia en PDF do xustificante do pago (e, no seu caso, xustificante da condición de estudante)
Para realizar o pago utilice unha das seguintes opcións:
a) Pago mediante transferencia ou ingreso en conta:
Pague a cota de inscrición, mediante ingreso nunha oficina de ABanca , ou mediante transferencia á seguinte conta, indicando sempre o código do congreso INV00185:
Banco: ABanca
Oficina: Vigo-OP, García-Barbón 1-3
Beneficiario: Universidade de Vigo
IBAN: ES14 2080 0501 12 3110000112,
BIC/Swift code: CAGLESMMXXX
Concepto: INV00185 + DNI/Pasaporte, nome e apelidos da persoa que se inscribe.
b) Pago con tarxeta de crédito ou débito
Alternativamente, pode utilizar a plataforma Bubela, deseñada para xestionar cursos complementarios. Acceda a ela no seguiente enderezo:
https://bubela.uvigo.es/curso/CILX2018
Rexístrese como usuario do sistema, seleccione o congreso “INV00185 – XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral (CILX2018)” e siga os pasos que se lle indican para matricularse e pagar con tarxeta.
Nota
Os servizos de contabilidade da Universidade de Vigo emitirán a posteriori certificado do ingreso en conta a nome de quen realiza o pago e da persoa inscrita. Os servizos de contabilidade da Universidade de Vigo non emiten factura polo pago de taxas de inscrición en congresos nin antes nin despois de efectuado o ingreso.