Convocatoria

Sección xeral de comunicacións e pósteres

O CILX2018 admite comunicacións (20 minutos de presentación oral máis 5 de discusión) e pósteres con contidos relevantes para a Lingüística Xeral sobre calquera área, metodoloxía e perspectiva teórica relacionadas co estudo da linguaxe e as linguas.

O envío de resumos debe facerse exclusivamente a través do formulario creado para tal finalidade en EasyAbs: http://linguistlist.org/easyabs/cilx2018

Cada proposta debe ter un máximo de 500 palabras en total, e comprenderá ademais do título, unha lista de ata cinco palabras clave e un resumo no que se describan os obxectivos, a metodoloxía e os resultados máis salientábeis do traballo presentado. Todas as propostas serán revisadas anonimamente polo Comité Científico.

Un autor individual pode presentar un máximo de dúas propostas.

Co envío da proposta, debe indicarse a preferencia de participación, como comunicación oral ou coma póster. A decisión final sobre o tipo de presentación das propostas aceptadas será do Comité Organizador, escoitado o Comité Científico.

Os prazos son os seguintes:

  • Data límite para a recepción de propostas: 1 de decembro de 2017 15 de decembro de 2017
  • Comunicación de aceptación de propostas: 1 de febreiro de 2018

O Congreso non ten lingua oficial. En consecuencia, todas as linguas están permitidas. Non se prevé servizo de interpretación.

Paneis temáticos

Ademáis da sección xeral, en CILX2018 haberá tamén paneis temáticos sobre temas específicos. Algúns deles son de participación restrinxida, pero outros están abertos a propostas de participación. Consúltese a información de cada panel