Dinámicas de (in)movilidad y prácticas discursivas en el siglo 21
O congreso Dinámicas de (in)mobilidade y prácticas discursivas en el siglo 21 celebrarase os vindeiros 8-9 de novembro na Universität Bern. Nela invítase aos participantes a presentar comunicacións dende unha perspectiva sociolingüística, discursiva ou da lingüística etnográfica de aspectos teóricos ou metodolóxicos aplicados á interrelación entre mobilidade e prácticas comunicativas en espazos onde as linguas iberorrománicas (español, catalán, portugués, galego) e as linguas crioulas de base iberorrománica entren en contacto con outras linguas debido á (in)mobilidade.
As preguntas que propón este congreso son:
- Como repercuten as mobilidades nos marcos epistémicos e metodolóxicos?
- Que pasa coas identidades (lingüísticas) na mobilidade?
- Como se amosan, cambian e xorden prácticas lingüísticas na mobilidade?
- Como se realiza a mediación lingüística en contextos de mobilidade?
- Como se manifestan as ideoloxías (lingüísticas) na e coa mobilidade?
- Como estudar a mobilidade a través da paisaxe lingüística?
- Como se manifesta a (in)mobilidade no discurso (político, mediático, educativo, etc.)?
- De que maneira se amosa o impacto da mobilidade nas redes sociais?
- Como se amosa o efecto de la (in)mobilidade nas políticas e nas planificacións lingüísticas?
Estas preguntas son orientativas. Pódense enviar propostas sobre outros aspectos relacionados co tema da conferencia.
Datas clave:
- Prazo de envío de propostas: 30 de xuño de 2018, mediante inscrición
- Notificación de contribucións aceptadas: 22 de xullo de 2018
- A inscrición para o congreso será posible a partir do 23 de xullo de 2018