Programa do CILX2018

Ficha completa

TítuloA migración galega en Alemaña: unha análise dende a lingüística migratoria e a glotopolítica
AutoríaMarta Estévez Grossi (Leibniz Universität Hannover)
ResumoEntre os anos 1955 e 1988 a migración galega á República Federal de Alemaña (RFA) representou o 20% do continxente español no país, constituíndose así como o segundo grupo en número dentro do colectivo español (Leib e Mertins 1980)?.

Seguindo o ideoloxema imperante na época de “un Estado, unha lingua, unha nación” (Narvaja de Arnoux e del Valle 2010, 12)?, nin a RFA nin os propios países de orixe foron conscientes ou estiveron dispostos a recoñecer a realidade plurilingüe dos/as migrantes. Á súa chegada á RFA os/as migrantes galegos/as, en tanto que de nacionalidade española, eran comprendidos/as como falantes de español; a meirande parte deles/as, porén, era en realidade galegofalante con competencias activas en español de carácter limitado.

A migración na RFA concentrouse nun entorno urbano e industrial, o cal favoreceu que estes/as migrantes se relacionasen e organizasen en torno a asociacións de migrantes –rexionais e suprarrexionais– e tamén a unha serie de institucións creadas ou apoiadas polo Estado español. Deste xeito o colectivo galego viuse confrontado na RFA con dúas linguas diferentes

–español e alemán–, configurándose desta maneira una constelación ou “lugar” trilingüe –galego, español e alemán–.

Con esta contribución quixera analizar as prácticas lingüísticas da comunidade galega en Alemaña tanto dentro da propia comunidade galega e da comunidade hispanofalante na que esta se circunscribe como coa sociedade alemá. Se ben a análise está baseada nos modelos lingüístico migratorios de Krefeld (2004)? e, sobre todo, Gugenberger (2018; 2007)?, tamén se prestará especial atención ao papel asumido polas institucións creadas ou apoiadas polo réxime franquista para a asistencia dos/as emigrantes na súa calidade de axentes glotopolíticos. Para isto, tomarei a migración galega a partir dos anos 1960 na cidade de Hannover –un dos centros urbanos da RFA que recibiu máis migración española– como exemplo paradigmático.
TipoComunicación
HorarioMércores 13 de xuño | 13:30 - 14:00 | Aula: B4A