Programa do CILX2018

Ficha completa

TítuloA transmisión de galego e portugués en contexto migratorio entre estudantes da Universidade de Barcelona
AutoríaPere Comellas Casanova (Universitat de Barcelona)
ResumoO traballo pretende analizar a transmisión lingüística de galego e de portugués entre estudantes da Universidade de Barcelona con antecedentes familiares falantes destas linguas. A mostra toma como base un cuestinario distribuído entre os estudantes aloglotos da UB. Un total de 95 informantes manifestaron ter algún antecedente familiar falante de galego ou de portugués, aínda que as situacións varían considerablemente no que respecta á presenza das linguas estudadas no cotián e á identificación persoal con elas. O noso obxectivo foi identificar patróns de transmisión en dúas variedades lingüísticas moi próximas entre si como son galego e portugués e tamén coas linguas oficiais da sociedade de destino, neste caso a Cataluña có catalán e o castelán. Interesábanos observar tanto o grado de preservación das linguas aloglotas como, no caso de substitución lingüística, a lingua substituidora, especialmente no ítem de lingua de identificación dos suxeitos.

As situacións dos informantes presentan unha considerábel variación. Dos 95, 44 naceron en territorio lusófono, 13 en Galiza, 21 en Cataluña ou Andorra (espazos catalanofalantes) e os restantes 17 en distintos países do mundo (5 en Europa, 12 en América). Tamén a presenza do galego ou do portugués nos antecedentes familiares varía considerabelmente: unha parte ten unha das linguas como inicial, mentres que en moitos casos quebrouse a transmisión, sexa na xeración anterior ou na dos avós. O noso traballo presenta indicios que apuntan a unha relación entre quebra da transmisión e lingua minorizada no caso das linguas estudadas.
TipoComunicación
HorarioMércores 13 de xuño | 13:00 - 13:30 | Aula: B4A