Programa do CILX2018

Ficha completa

TítuloFalando a mesma lingua en Europa
AutoríaVíctor Fresco Barbeito (Universidade de Vigo)
Ester Pantaleo (Università degli Studi di Bari)
ResumoOs acontecementos recentes en Cataluña producíronse principalmente por un forte sentimento de identidade nacional ou rexional. Un dos factores fundamentais da formación das identidades é a existencia dunha variedade de linguas, e seméllanos imprudente afondar nestas diferenzas. A causa de que nos pareza innecesario profundizar neste aspecto non e debido á fractura social que poida implicar: pensamos que é gratuíto cando en realidade se basea máis en criterios emocionais e menos en criterios obxectivos.

Con esta comunicación queremos amosar que en realidade as linguas que falamos en Europa non son tan distintas entre si, e que se poden usar para unir e non para dividir. Todos sabemos que as linguas romances proceden do latín, e que este á súa vez comparte unha orixe común con outras pólas como a xermánica, a baltoeslava, a céltica, a grega, a albanesa ou a armenia: o indoeuropeo.

Para exemplificar esta comunidade lingüística unificadora que deixa poucas excepcións no continente, utilizaremos os nomes ou formantes que compoñen os topónimos das sete cidades galegas máis importantes. No noso proxecto aproveitaremos os datos etimolóxicos tirados do proxecto de dicionario da Wikipedia na versión inglesa (en.wiktionary.org) e EtyTree, unha ferramenta de extracción financiada pola Fundación Wikimedia.

Grazas a estea recursos, exporemos que en realidade lugares afastados de Reino Unido, Italia, Galicia ou Cataluña comparten unha orixe común; que léxico do ruso, do francés e do grego veñen no fondo da mesma fonte; e que as linguas poden servir tanto para distanciarnos como para tender pontes, se o sabemos (e queremos) ver, se o sabemos (e queremos) facer. O uso ou abuso do resto dos factores para crear identidades xa o deixamos para o gusto do consumidor.
TipoPoster
HorarioXoves 14 de xuño | 11:30 - 13:00 | Aula: Vestíbulo C