Ficha completa
Título | Eu digo tipo 5 vezes numa frase de 8': O MD tipo, uso ou abuso? |
---|---|
Autoría | Marisa Moreda Leirado (Universidade da Coruña) Nancy Vázquez Veiga (Universidade da Coruña) |
Resumo | Neste traballo propoñémonos analizar e describir os valores adquiridos nos últimos anos polo marcador discursivo (MD) tipo entre a mocidade portuguesa. A pesar do seu elevado uso, tal e como revela o tweet que dá título a esta comunicación, é considerado polos propios falantes como un “vicio lingüístico” prescindíbel. Co fin de analizarmos a rendibilidade (ou non) desta forma, e debido a que o seu recente carácter dificulta o estudo a partir dos corpus orais existentes, decidimos constituír un formado por 300 tweets, unha vez que neste tipo de mensaxes, a pesar de seren escritas, rexístranse trazos de oralidade que resultan de especial interese para o estudo da forma que aquí nos ocupa. A análise do corpus permitiranos dar resposta á pregunta formulada (uso ou abuso?) e delimitar algunhas das súas funcións pragmáticas no portugués moderno. Para atinxirmos o noso obxectivo, revisaremos en primeiro lugar a bibliografía existente, para a continuación describir os distintos valores do MD tipo, mostrando a súa evolución a partir do nome homónimo até á aparición dos significados non descritivos que presenta na actualidade. |
Tipo | Comunicación |
Horario | Xoves 14 de xuño | 19:00 - 19:30 | Aula: B1 |