Programa do CILX2018

Ficha completa

TítuloPistas para a identificación de acción construída no discurso signado
AutoríaAnia Pérez Pérez (Universidade de Vigo)
ResumoA acción construída (AC) ou rol lingüístico é unha estratexia discursiva que consiste na demostración de enunciados, pensamentos, sentimentos e/ou accións dun referente discursivo. O suxeito da situación narrada conceptualízase no locus-c, como centro do marco referencial, cunha función demostrativa. Malia ser un fenómeno que goza e gozou de atención na investigación das LS non se coidaron os criterios para a súa identificación. A aplicación de metodoloxías de corpus nos últimos anos evidencia a súa necesidade. Con base na observación e análise do corpus RADIS da LSE (Lingua de Signos Española) presento e ilustro con mostras do corpus dous indicadores de AC no discurso desta lingua. (i) A mirada é unha marca fundamental da conceptualización dun referente discursivo no locus-c, pero isto non só ten lugar na AC. O uso de verbos direccionais está asociado a cambios no marco referencial da mesma natureza. Por outra parte, é característica a función demostrativa da AC e por isto cabe ter en conta se (ii) o conxunto do compoñente non manual representa ou ilustra o evento referido, aínda que as construcións con clasificador tamén son altamente icónicas e obsérvase no corpus un comportamento do compoñente non manual semellante ao da AC.
TipoComunicación
HorarioXoves 14 de xuño | 16:00 - 16:30 | Aula: C2