Ficha completa
Título | A entoación das interrogativas totais no oeste da península ibérica. Aproximación diacrónica |
---|---|
Autoría | Elisa Fernández Rei (Universidade de Santiago de Compostela) |
Resumo | O oeste da Península Ibérica, especialmente o noroeste, é unha área xeográfica de grande variedade lingüística. As falas portuguesas, galegas e asturleonesas desenvolvéronse ao longo dos séculos baixo distintas condicións sociolingüísticas e históricas e convivindo, ademais, con variedades do castelán. Dubert (2017) defende a hipótese de que o proceso de separación entre galego e portugués non se pode explicar simplemente como resultado do contacto deste último co español, senón que cómpre ter en conta o papel xogado polo asturleonés. Desde o seu punto de vista, estes dous conxuntos de variedades, galegas e asturleonesas, conforman unha área xeolingüística na que tiveron a súa orixe algúns dos trazos que hoxe distinguen o galego tanto do portugués coma do castelán. Co fin de verificar esta hipótese no campo da entoación, abordamos o estudo do padrón entoativo das interrogativas totais das variedades castelás, asturleonesas, galegas e portuguesas faladas nesta área, a partir de datos prosódicos fornecidos por proxectos como AMPER (Mairano 2011) ou como IARI (Prieto & Cabré 2007-2012). O noso obxectivo é, por tanto, comprobar se a variación xeoprosódica das interrogativas totais do galego mostra, por un lado, o seu inequívoco vínculo co portugués e, por outro lado, a súa relación co asturleonés, corroborando a hipótese de Dubert. Asemade, poderemos ponderar de maneira máis adecuada o efecto que tivo na entoación do galego o prolongado contacto co castelán. |
Tipo | Panel: El Atlas Multimedia de Prosodia del Espacio Románico (AMPER): Importancia y perspectivas |
Horario | Venres 15 de xuño | 09:00 - 11:00 | Aula: C6 |